Saturday 04 de May de 2024

O Concello de Lousame conmemorará o Día da Muller coa exposición “Nós-outras. Creadoras no Barbanza”


A mostra será inaugurada este venres 11 de marzo, ás 20:30 horas, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Lousame

O Concello de Lousame conmemora o Día da Muller coa exposición “Nós-Outras. Creadoras no Barbanza”, que reúne obras realizadas por unhas setenta creadoras da comarca, fotografadas pola fotoxornalista Carmela Queijeiro. Unha mostra que será inaugurada este venres 11 de marzo, ás 20:30 horas, na sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de Lousame.

Ao acto asistirán a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, quen estará acompañada pola creadora Mónica Paula Montero, pola mestra e escritora Pilar Sampedro e pola fotoxornalista Carmela Queijeiro. A inauguración contará coa intervención musical da Banda Municipal de Lousame. “Nós-outras. Creadoras no Barbanza” é unha exposición organizada por Barbantia, a Fundación Museo de Artes e o Concello de Lousame, coa colaboración da Deputación da Coruña.